-Subvencións para a promoción e difusión do cine galego en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 2 de abril de 2018
 
Prazo de presentación: Para eventos xa celebrados, do 3 de abril ao 2 de maio de 2018. Para os celebrados con posterioridade á publicación da convocatoria, será dun mes desde que se produza a comunicación oficial, por parte do festival, da selección da obra e, en calquera caso, non poderá exceder do 15 de novembro de 2018 (se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes).

Presentación das solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG núm. 63, do luns 2 de abril de 2018