-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 4 de abril de 2018

Prazo de presentación: Do 5 de abril ao 31 de xullo de 2018, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Presentación das solicitudes: As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado.

Convocatoria: DOG núm. 65, do mércores 4 de abril de 2018