-Inscrición de empresas musicais a través de ICEX/Sounds from Spain

[04/04/2018] ICEX España Exportación e Inversiones mantén aberto ata o 25 de maio o prazo de inscrición para formar parte da delegación comercial do pavillón oficial 'Sounds from Spain' que instalará no recinto feiral de Womex 2018 en Las Palmas de Gran Canaria. Este stand-paraugas contará cun espazo específico baixo a marca GalicianTunes, que estará a disposición das empresas musicais galegas.
 
Neste sentido, hoxe, 4 de abril, o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de subvencións da Agadic ás actividades de distribución para as industrias culturais, a través da que se poden sufragar gastos de desprazamento dos representantes das empresas galegas en Womex 2018 Las Palmas de Gran Canaria. O prazo de solicitudes comeza o 5 de abril e esténdense ata o 31 de xullo. A súa concesión é automática e realízase por orde de entrada, atendendo todas aquelas solicitudes que reúnan os requisityos esixidos ata finalizar o prazo ou, no seu caso, ata o esgotamento do orzamento de 450.000 euros.

-Enlace á convocatoria de subvencións publicada no DOG
-Enlace á inscrición en ICEX/Sounds from Spain