-Marché du Film 2018 (Cannes, Francia): convocatoria para unha delegación audiovisual galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, apoia a asistencia ao mercado de cine Marché du Film de Cannes, que terá lugar entre os días 8 e 17 de maio de 2018.

http://www.marchedufilm.com/fr/
 
Como en anteriores edicións, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas neste mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía e que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e catro noites de aloxamento.

Cómpre confirmar asistencia antes do martes 24 de abril ao correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.gal. Unha vez comunicada a participación, procederase ao envío das indicacións relativas ao procedemento de reservas.