-Sunny Side Of The Doc (La Rochelle, Francia): convocatoria para unha delegación audiovisual galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, participará no mercado de documentais SUNNY SIDE OF THE DOC que terá lugar en La Rochelle (Francia) entre os días 25 e 28 de xuño.

Como na edición anterior, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de catro noites de aloxamento.
 
O prazo para inscribir proxectos nas sesións de pitching que organiza o mercado segue aberto ata o 25 de abril:
 
 
Unha vez comunicado o interese en participar a través da dirección electrónica audiovisual.agadic@xunta.gal, a Agadic achegará a información sobre o procedemento de reservas e acreditación.