-Aberta a Inscrición de profesionais ata o 15 de maio ás 15:00 h

Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, abre o prazo de inscripción para profesionais da súa sexta edición, que terá lugar do 11 ao 14 de xuño en Santiago de Compostela.

A organización garante:

-Aos programadores/as, acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo programado e aloxamento en habitación compartida durante os catro días de duración do GEP.

-Para as compañías, dúas acreditacións con dereito a entrada para cada un dos espectáculos programados. É necesario realizar a inscrición das dúas persoas para poder obter as acreditacións.

A data límite de recepción de solicitudes é o 15 de maio ás 15:00 h e cómpre realizar o trámite a través deste enlace á paxina web de Galicia Escena PRO.