-Convocatoria para o encontro de coprodución Small Is Biútiful 2019, promovido pola Asociación Espagnolas en París

[06/05/2019] Film Paris Region e a asociación Espagnolas en París, en colaboración coa revista Variety, e co apoio de Catalan Films & TV, Instituto Vasco Etxepare e Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia, promoven o encontro profesional SMALL IS BIÚTIFUL co obxectivo de fomentar a coprodución cinematográfica.

Esta convocatoria vai dirixida a proxectos que conten cunha parte de financiamento previo e teñan vocación internacional. Un dos requisitos para optar á presentación e dispoñer dun tratamento en español e en francés ou inglés, non contar con coprodución francesa e non ter sido presentado en anteriores convocatorias desta iniciativa.

O encontro e o almorzo de traballo entre as empresas españolas seleccionadas e un grupo de profesionais da rexión parisina de Ille-de-France terá lugar o 26 de xuño, en París, en horario de 12,00 a 16.00 horas.

A participación da Agadic consistirá en asumir os gastos de desprazamento das empresas galegas, no caso de seren seleccionadas.

O prazo de recepción remata o 1 de xuño.

-Convocatoria Small is Biútiful 2019

-Ficha de inscrición