-Xornada de portas abertas no Salón Teatro con motivo do Día das Letras Galegas

O Centro Dramático Galego (CDG) abrirá as súas portas este xoves 17 para a realización de visitas guiadas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas que, este ano, homenaxea a María Victoria Moreno. 

Os horarios destes percorridos guiados, cunha duración aproximada de 45 minutos, distribuiranse do seguinte xeito: na quenda de mañá, haberá visitas ás 10,30 h., 12,00 h. e 13,30 h., e na de tarde, ás 16,30 h., 18,00 h. e 19,30 h.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o 16 de maio chamando aos teléfonos 881 867 229 ou 881 867 227, en horario de 9,00 h. a 14,00 h, así como enviando un correo electrónico a centro.dramatico.galego@xuntal.gal. 

Entre cada quenda de asistentes, sortearase un lote de libros que inclúe títulos da propia autora e outros de literatura infantil e xuvenil doutros escritores, rendindo deste xeito homenaxe tamén á temática maioritaria da bibliografía da autora.

-Máis información