-Selección de grupos e solistas galegos de música pop para a Monkey Week SON Estrella Galicia: inscrición ata o 2 de xullo

[18/05/2018] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de chegar a un acordo con Monkey  Week Son Estrella Galicia para promover a participación de grupos e solitas galegos neste festival, que celebrará  a súa décima edición en Sevilla do 19 ao 24 de novembro. Grazas a esta colaboración, cando menos seis bandas ou intérpretes de Galicia serán incluídos no circuíto de showcases do evento que, baixo o formato de feira e encontro profesional, lle dá cabida ás principais novidades da escena musical independente.

O prazo de inscrición para este proceso estará aberto ata o 2 de xullo, ás 12.00 h, a través da web www.mokeyweek.org.

Os grupos seleccionados terán a oportunidade de realizar dous showcases, nos que a organización pon ao seu servizo o escenario, son e un backline básico, ademais dunha bolsa de viaxe de 250 €.
 
Biffannah, Os Amigos Dos Músicos, Basanta ou Novedades Carminha son só algúns dos grupos galegos que pasaron por anteriores edicións da Monkey Week, un miradoiro extraordinario da música pop de Europa e Latinoamerica destinado a chamar a atención dos axentes musicais e propiciar a promoción da musica en directo.
 
A Monkey Week está asociada a festivias de música de Polonia, Suecia, Reino Unido, Eslovenia, Luxemburgo, Austria e Portugal. A presenza de profesionais de España e  Latinoamérica é tamén notable.

-Máis información e/ou consultas: profesionales@monkeyweek.org
-Web da Monkey Week