Avisos
-Subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais, e para a posterior produción dun deles, de contido específico que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021: convocatoria
Estado: Convocadas
Data de publicación: 28 de xuño de 2018
Prazo de presentación: do 29 de xuño ao 30 de xullo de 2018
Presentación de solicitudes: Obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas ou entidades representantes delas.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
Convocatoria: DOG núm. 123, do 28 de xuño de 2018