-Inscrición de empresas galegas no mercado MIPCOM de Cannes: ata o 20 de agosto

[30/07/2018] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, difundirá o audiovisual galego no mercado de contidos audiovisuais MIPCOM, que terá lugar en Cannes (Francia) entre os días 15 e 18 de outubro de 2018.

A Agadic terá presenza no pavillón Audiovisual from Spain, organizado polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións, que porá a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios. Así mesmo, impulsarase a participación dunha delegación de empresas galegas no mercado, contribuíndo ao financiamento da totalidade dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da pasaxe de avión e un máximo de catro noites de aloxamento.
 
Procedemento:  

1. Tramitar a acreditación a través do enlace https://register.mipcom.com/?pvlid=26e7b8d2-c3cd-4f06-be7b-2de8e55b9d99. O custo da acreditación é de 690 € por persoa ata o 12 de setembro e de 755 euros a partir do 13 de setembro. No apartado 2 do formulario (CONTACT POINT) , débese indicar: AUDIOVISUAL FROM SPAIN (ICEX) / SPAIN

2. Comunicar a participación  ao correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es), xuntando o comprobante de ter formalizado o rexistro no mercado e indicando as datas de preferencia de vóos e aloxamento.

Haberá 12 prazas dispoñibles, que se concederán segundo rigurosa orde de inscrición, que en todo caso deberá realizarse antes do 20 de agosto.