-EAVE Producers Workshop: inscrición nas sesións plenarias abertas ao sector audiovisual galego (antes do 5 de outubro) e persoas seleccionadas para o taller local

[28/09/2018] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, colabora co programa internacional de formación en produción audiovisual EAVE para desenvolver en Galicia a terceira e última residencia da actual edición do seu emblemático Eave Producers Workshop, que terá lugar en Santiago de Compostela do 22 ao 25 de outubro.
 
Grazas a esta colaboración, ademais da participación do alumnado internacional que asiste ao curso durante todo o ano, o EAVE Producers Workshop 2018 abre as súas portas a estudantes e profesionais do audiovisual galego a través de DÚAS VÍAS:
 
1. SESIÓNS PLENARIAS ABERTAS A PROFESIONAIS E ESTUDANTES GALEGOS (acceso gratuíto, previo rexistro antes do 5 de outubro):

-PROGRAMA (suxeito a posibles cambios):

  • Luns 22 de outubrode 16.15 a 17.45h: Outreach (Difusión), con Lise Lense-Møller e Kristoffer Barslund.
  • Martes 23 de outubro, de 15.30 a 17.30h: Beyond Movies – New Media Storytelling (Máis alá das películas: Storytelling nos novos medios), con Domenico La Porta, Lorenzo Benedetti, Antoine Cayrol e Karim Ben Khelifa.
  • Martes 23 de outubro, de 18.00 a 19.30h: Producer-Director Relationship (A relación entre o produtor e o director), con Katriel Schory.
  • Mércores 24 de outubro, de 14.30 a 15.30h: Entrevista con Teresa Fernández de Bambú Producciones.
  • Mércores 24 de outubro, de 15.30 a 16.30h: Financial Implications of the Digital Shift & Digital Distribution (Implicacións financeiras do cambio dixital e da distribución dixital), con Linda Beath e Karoliina Dwyer.
  • Mércores 24 de outubro, de 19.15 a 20.15h: Producing in and with Spain (Producir en España e con España), con Peter Andermatt e Manuel Monzón.
  • Xoves 25 de outubro, de 9.00 a 11.00h: Legal Aspects of Co-production (Aspectos legais da coprodución), con Pierre-Emmanuel Mouthuy.
Lugar de celebración: As sesións plenarias do luns, mércores e xoves celebraranse no NH Collection, na sala Obradoiro (Avenida Burgo das Nacións s/n, 15705 Santiago de Compostela). As sesións plenarias do martes terán lugar na Cidade da Cultura, no auditorio 1 do edificio CINC (Monte Gaiás s/n, 15707 Santiago de Compostela).

Todas as sesións serán de acceso gratuíto e en inglés (ofrecerase tradución simultánea ao castelán).

En caso de querer asistir a un xantar co grupo EAVE antes ou despois dunha das sesións plenarias, o prezo será de 25 €, que se deberá aboar no momento. Os xantares serán o martes, o mércores e o xoves ás 13:30 no hotel NH Collection.

-INSCRICIÓN:
As persoas interesadas en asistir ás devanditas sesións, deben enviar  un correo electrónico a audiovisual.agadic@xunta.gal antes do venres 5 de outubro no que se indique claramente:

-Nome, profesión, empresa e enderezo de correo electrónico.
-As sesións ás que quere acudir.
-En caso de querer asistir tamén a algún dos xantares, incluír cal(es).


2. TALLER LOCAL EAVE@SANTIAGO DE COMPOSTELA

En paralelo ao programa do EAVE Producers Workshop, a organización deste programa formativo desenvolverá o EAVE@Santiago de Compostela, un taller feito a medida para oito profesionais galegos, que foron seleccionados tras unha convocatoria  pública.

-PERSOAS SELECCIONADAS:
  1. Gaspar Broullón
  2. Sara Horta
  3. Paula Cons
  4. Alejandro Enríquez
  5. Alberto Domínguez
  6. Natividad Juncal
  7. Simone Saibene
  8. Laura Fernández

-PROGRAMA ESPECÍFICO (inclúe, ademais, as devanditas sesións plenarias):
  • Martes 23 de outubro, de 9.00 a 11.00h: Presentación do EAVE e dos participantes, con Kristina Trapp e Jani Thilges.
  • Mércores 14 de outubro, de 9.00 a 11.00h: Managing a Company (Dirixindo unha compañía), con Jani Thilges.
  • Mércores 14 de outubro, de 11.30 a 13.30h: International Distribution and Sales (Distribución e vendas internacionais), con Karoliina Dwyer.
  • Mércores 14 de outubro, de 14.30 a 15.30h: Panel (incuído no programa principal EAVE Producers Workshop).
  • Mércores 14 de outubro, de 15.30 a 16.30h: Financial Implications of the Digital Shift & Digital Distribution (Implicacións finaceiras da transformación dixital e distribución dixital, con Linda Beath e Karoliina Dwyer.
  • Mércores 14, de 17.00 a 19.00h: Reunións individuais cos expertos EAVE.
Lugar de celebración: NH Collection, na sala Obradoiro (Avenida Burgo das Nacións s/n, 15705 Santiago de Compostela).