-Novas axudas do INAEM para proxectos de creación, exhibición, investigación e formación en salas de teatro

[25/10/2018] O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe o extracto da resolución pola que se convocan as novas axudas do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) para proxectos de creación, exhibición, investigación e formación en salas de teatro correspondentes a 2018.

Poden concurrir a elas empresas e fundacións privadas xestoras de salas de teatro de titularidade privada e o seu prazo de solicitude telemática estará aberto ata o luns 12 de novembro de 2018 ás 23,59 h.

-Máis información no web do Ministerio de Cultura e Deporte