-Aberta a convocatoria do ICAA para participar no Encontro Hispano-Arxentino de Cinematografía do mercado Ventana Sur: Bos Aires, 12 de decembro

[31/10/2018] O Instituto de la Cinematografia y de las Artes Audiovisuales (ICAA) abre a convocatoria de participación no Encuentro Hispano-Arxentino de Cinematografía que terá lugar o 12 de decembro dentro do mercado Ventana Sur de Bos Aires como froito da colaboración entre o ICAA e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audioivisuales (INCAA) arxentino.

Poderán participar os proxectos de coprodución con Arxentina que cumpra os seguintes requisitos: 

1. Experiencia na coprodución internacional, aínda que sexa como produtora minoritaria,
2. O proxecto debe ter no momento da solicitude de participación un financiamento mínimo do 25%.

A solicitude poderá formallizarse ata o 9 de novembro seguinod os pasos descritos nesta FICHA.

Todos os proxectos recibidos serán evaluados polo ICAA, organismo que elixirá os que finalmente serán presentados en Ventana Sur e se fará cargo de parte dos gastos da viaxe a Bos Aires dunha persoa por cada produtora seleccionada.

-Máis información no web do Ministerio de Cultura e Deporte