-Catálogo e vídeo FILMS FROM GALICIA 2019: recepción de materiais ata o 11 de decembro



[20/11/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo está a actualizar o vídeo e o catálogo de producións e empresas galegas que se difundirán nos mercados internacionais de 2019 baixo a marca Films from Galicia.
 
Con tal motivo, ábrese ata o 11 de decembro de 2018 o prazo de recepción do seguinte material:
 
1.- INFORMACIÓN DE EMPRESAS E OBRAS, para o que se facilitan os seguintes formularios online:
 
 
 
Prégase que a información sexa clara e utilice linguaxe comercial. A Agadic pon a disposición do sector un servizo de traducción ao inglés, polo que a información pode ser enviada no idioma orixinal.

 
2.- IMAXES REPRESENTATIVAS do filme ou proxecto, preferiblemente un cartel (en inglés) ou fotograma atractivo en calidade apta para impresión (tamaño mínimo 10x15 cm, 300 ppp). A elección da imaxe é crucial non só para promoción da obra, senón tamén para a presentación da industria galega en xeral.
 
3.- CORTE DE VÍDEO (30 segundos aproximadamente) e o contrasinal, de ser preciso.
 
As imaxes e o enlace ao vídeo deberán achegarse por correo electrónico, indicando o nome da obra a que correspondan, ao seguinte enderezo: filmsfromgalicia@origamiestudio.com
 
 
NOTA IMPORTANTE:
No caso das obras rematadas, incluiranse unicamente películas calificadas no ICAA a partir do 1 de xaneiro de 2018 e producións televisivas do ano 2018.

Aquelas obras que neste momento estean en fase de posprodución incluiranse tamén como rematadas coa finalidade de dar una imaxe o máis actualizada posible.
 
No caso dos proxectos é importante incluírsó aqueles que teñan asegurada a viabilidade, é dicir, aqueles que se poidan amosar en edicións posteriores do catálogo.

É preciso completar un formulario por cada produción.

-Catálogo Films from Galicia 2018
-Vídeo Films from Galicia 2018