-Proceso de selección de 10 actrices e actores para a nova produción de 2019 do CDG: convocatoria e bases

[04/12/2018] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 231 do 4 de decembro de 2018 o anuncio polo que se procede a lle dar publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de dez (10) prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonistas (4) e principais (6) para a produción do ano 2019, do departamento de produción teatral desta axencia a partir das pezas Fantasía nº 5 en sol ou non e Boisaca ou a divina desgraza.

-CONVOCATORIA E BASES
-ANEXO I
-ANEXO 2