-Segunda edición do Pitching TFG do Clúster Audiovisual Galego: Santiago, 14 de decembro

[07/12/2018] O Clúster Audiovisual Galego (Clag) organiza, en colaboración coas facultades de Comunicación Audiovisual das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, a segunda edición do Pitching TFG, que terá lugar o venres 14 de decembro, de 9.00 a 14.00 horas, no centro ABANCA Obra Sociald de Santiago de Compostela.
 
Nesta xornada presentaranse unha selección dos proxectos audiovisuais pertencentes aos traballos de fin de grao dos alumnos de Comunicación Audiovisual das tres universidades galegas, entre os que se incluirán formatos de cine e televisión, e tamén dixitais como videoxogos, webdocs etc.

As empresas interesadas en participar nesta segunda edición do Pitching TFG poden confirmar a súa asistencia a través do mail comunicacion@clag.es ou cluster@clag.es ata o mércores 12 de decembro.
 
-Convocatoria
-Programa provisional