-Xornadas ‘Fotografía, turismo e innovación na música en directo’: A Coruña, 31 de xaneiro, 28 de febreiro e 28 de marzo



[14/01/2018] A Fundación Paideia Galiza e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, organizan as Xornadas Fotografía, turismo e innovación na música en directo, que terán lugar na Coruña os días 31 de xaneiro, 28 de febreiro e 28 de marzo. O obxectivo é favorecer o intercambio, aprendizaxe, reflexión e debate sobre o papel, en moitas ocasións invisibles, dos profesionais que se dedican a estes ámbitos relacionados co sector da música.
 
ORGANIZAN:
Fundación Paideia Galiza
Agadic
 
FORMATO:
Mesa de exposición práctica
Debate e intercambio co público
Showcase dunha banda emerxente
Networking-catering
 
INSCRICIÓNS
Asistencia gratuíta, previo rexistro en https://www.paideia.es/xornadas-fotografia-musica-en-directo/
 
PROGRAMA:
 
31 de xaneiro
FOTOGRAFÍA E MÚSICA EN DIRECTO
19.00 a 20.30h
Estudios Mans (A Coruña)
 
Cos fotógrafos Javier Rosa, Juan Pérez Fajardo e Cris Andina (moderadora).
 
Showcase: Marés Sonoras
 
28 de febreiro
TURISMO E MÚSICA EN DIRECTO
19.00 a 20.30h
Fundación Paideia Galiza (A Coruña)
 
Con Miguel de la Cierva, director de El Náutico do Grove; Simón Valentín Bueno, exalcalde de Villarobledo, sede do Festival Viña Rock; Adrián Rodríguez, director do Festival Sueños de Libertad de Ibiza; e Fran Núñez, investigador especialista en metodoloxía de avaliación de eventos culturais (moderador).
 
Showcase: Inversión
 
28 de marzo
INNOVACIÓN E MÚSICA EN DIRECTO
19.00 a 20.30h
Fundación Paideia Galiza (A Coruña)
 
Con Almudena Heredero, directora de Primavera Pro; Dania Débora, directora de Womad España; Nacho Sánchez, CEO de InQBarna; e Patricia Hermida, codirectora de MMF Spain e mánager (moderadora).
 
Showcase: Allova
 
-Máis información e inscricións