-Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 18 de xaneiro de 2019
 
Prazo de presentación: Do 19 de xaneiro ao 18 de febreiro de 2019
 
Presentación das solicitudes: A presentación electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, é obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica tamén poden presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o devandito formulario.

Modelo de orzamento: Longametraxes (xlsx, 23.7 Kb) 
 
Convocatoria: DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2019