-Axudas para a asistencia a mercados e foros internacionais de contidos audiovisuais: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 25 de marzo de 2019
 
Prazo de presentación: Do 26 de marzo ata o esgotamento do crédito, como máximo ata o 1 de novembro de 2019. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, é obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poden presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o devandito formulario.

Convocatoria: DOG núm. 58 do 25 de marzo de 2019