-Axudas para a promoción e difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 25 de marzo de 2019
 
Prazo de presentación: Para os eventos xa realizados, ata o 25 de abril de 2019. Para os que teñan lugar con posterioridades ao 25 de marzo, o prazo será dun mes contado desde que se produza a comunicación oficial da selección da obra por parte do festival e, en calquera caso, non poderá exceder o 15 de novembro de 2019. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, é obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poden presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o devandito formulario.

Convocatoria: DOG núm. 58 do 25 de marzo de 2019