-Resolución conxunta da Agadic e de Turismo de Galicia para adhesión á marca de festivais de música e realización de contratos de patrocinio: convocatoria

[05/04/2019] O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, conxunta da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño de 2019 ao 30 de setembro de 2019, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021.

Orzamento total máximo: 350.000 euros.

Prazo de presentación: 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no DOG.

Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Auxiliar da Axencia Turismo de Galicia (Estrada Santiago-Noia Km 3, A Barcia,15897 Santiago de Compostela (A Coruña). Como alternativa á presentación no rexistro, o solicitante poderá enviar as propostas por correo postal, nos termos que se especifican no Anexo I da convocatoria.

-Convocatoria en PDF