-Axudas á creación escénica: convocatoria

Estado: Convocadas

Data de publicación: 5 de abril de 2019

Prazo de presentación: Do 6 de abril ao 6 de maio de 2019.

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, é obrigatoria para as persoas xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens (ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia), así como para as unións temporais de empresas e para as persoas representantes destas. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poden presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o devandito formulario.

Convocatoria: DOG núm. 67 de 5 de abril de 2019