-Selección de espectáculos e de proxectos


[22/04/2019] Unha vez reunida a comisión de valoración e selección dos espectáculos para a Galicia Escena PRO 2019, conformada por Marta Núñez (Adulto), Begoña Llamosas (Infantil / Familiar), Raquel Hernández (Novas linguaxes) e Juan Rodríguez (en representación de Escena Galega), e seguindo os seguintes criterios de selección:

  • Procurar un equilibrio de linguaxes, poéticas e formatos, así como unha participación compensada entre as compañías con máis traxectoria e as máis novas.
  • Valorar a presenza equilibrada e real das mulleres en diferentes responsabilidades artísticas.
  • Defender a participación de proxectos xerados no ámbito profesional e que garantan profesionalidade no proceso de produción.
  • Unha vez realizada a primeira selección, na segunda fase empregouse como criterio priorizar aquelas compañías que nas pasadas edicións de Galicia Escena PRO non tiveran presenza.
Despois de valorar os 59 espectáculos en formato completo e as 24 propostas en formato pitching presentadas, a comisión decide incluír en Galicia Escena PRO 2019:

ESPECTÁCULOS EN FORMATO COMPLETO

ADULTO:
 
A compañeira de piso, de  Contraproducións
Bernarda,de Malasombra Producións
Despois das ondas, de ButacaZero - Deputación da Coruña
Dúas donas que bailan, de Teatro do Atlántico
Idiota, de Redrum Teatro
Involución, de Compañía N+1
Liberto, de Marelas Producións
O empapelado amarelo, de A quinta do cuadrante
 
INFANTIL/FAMILIAR:
 
A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza, de A xanela do maxín
Circopeta, de Odaiko
Mai Mai, de Baobab Teatro
Ummm!!!,  de Avento Producións Teatrais
 
NOVAS LINGUAXES:
 
A gala, de Licenciada Sotelo
As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta
Deixa de tocala,Sam, de AveLina Pérez & Velpister
Pink Unicorns, de La Macana
 
TEATRO DE RÚA:
 
Ohlimpiadas!!!, de Compañía Sincronacidas
 
 
PROXECTOS EN FORMATO PITCHING
 
C´est pas possible!, de Marta Iglesias
Clausura do amor, de Cámara Negra Producións
Dreaming Juliet, de Elefante Elegante
Illas desertas, de Artesa Cía.
Lixo, de O baúl da tía Tola
Nun cuarto da rotonda, de Acusmaster Opus
O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro
Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández
Todas as marabillas do mundo, de Producións Dispersas
Voa, voa!, de Talía Teatro


Completarán a programación un espectáculo seleccionado da Comunidade de Madrid (MADferia) e dous espectáculos seleccionados entre Cantabria, Asturias e Euskadi (Camiño Escena Norte). Esta selección engadirá á programación de Galicia Escena PRO 2019 un espectáculo de adulto, un de infantil/familiar e outro de novas linguaxes.