-Inscriciˇn de profesionais: ata o 15 de maio




[29/04/2019] Galicia Escena PRO abre desde hoxe e ata o vindeiro 15 de maio, ás 15,00 h., o prazo de inscrición de profesionais no mercado galego de artes escénicas, que organizan a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e a asociación Escena Galega do 10 ao 13 de xuño en Santiago de Compostela.

O trámite realízase a través deste formulario en liña.

A organización garante:
-Para os programadores/as, acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo e aloxamento* en habitación compartida dirante os catro día de Galicia Escena PRO.
-Para as compañías, acreditación con dereitos a unha entrada para cada espectáculo.

*Galicia Esceba PRO farase cargo do alozamento dos/as programadores/as que residan a máis de 20 km. de distancia de Santiago de Compostela.