-Rede Galega de Música ao Vivo 2020: inscrición de grupos

[08/01/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo abre desde hoxe ata o vindeiro 31 de xaneiro o prazo de inscrición de propostas de concertos cara á configuración da programación anual da Rede Galega de Música ao Vivo para 2020. O trámite realízase a través do web galescena.gal, seguindo os pasos que se detallan a continuación:

-Instrucións para os grupos que NON estean dados de alta en galescena.gal
1º Solicitar a alta como grupo musical.
2º Encher todos os datos relativos ao grupo e premer no botón enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación do grupo.
4º Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas á Rede Galega de Música ao Vivo (as normas funcionamento está dispoñible para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.gal).

-Instrucións para grupos dados de alta en galescena.gal:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada, acceder á pestana de concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas.
4º Unha vez modificado ou creado o concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas á Rede Galega de Música ao Vivo (paso imprescindible para figurar entre os concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, as popostas de concertos pasan a ser ofertados ao circuíto.

A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso. En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.2@xunta.gal
Tel: 881 996 087 / 088

Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.