-Rede Galega de Música ao Vivo: prazos de preprogramación e programación definitiva para o 2º semestre de 2019

[13/05/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo establece os seguintes prazos para que as salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo realicen a súa programación para o segundo semestre de 2019:

1. De hoxe ao 27 de maio de 2019: prazo de preprogramación.
2. Do 28 ao 31 de maio de 2019: prazo de programación definitiva (para aquelas salas que teñan que modificar algún dos grupos ou que non acaden a contratación mínima).
 
O período de contratación abrangue do 15 de xuño ao 31 de decembro.

Para a xestión da programación deste circuíto, a Agadic asinará un convenico de subvención con cada unha das salas asociadas, segundo as normas que poden consultarse en galescena.gal.