-Centro Coreográfico Galego: cursos de verán 2019

O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza una nova edición dos seus cursos de verán, que terán lugar na súa sede da Coruña (Complexo Deportivo de Elviña. Praza Agustín Díaz Sánchez, 1) en diferentes datas dos meses de xullo e agosto. Desta volta, desenvolveranse cinco encontros de danza clásica, contemporánea, musical jazz e tap dance cos mestres Carmen Paris, Ruth Maroto, David Mur, John O’Brien, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero e Ángela Rodríguez.


1. Danza clásica (nivel avanzado e medio), con CARMEN PARIS

Datas e horario
Do 1 ao 5 de xullo
Horario: de 10.00 a 12.00 h (nivel avanzado) e de 12.15 a 14.00 h (nivel medio)

Inscricións
Do 15 de maio ao 24 de xuño, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros por nivel

CARMEN PARIS
Nada en Madrid, fórmase en Danza Clásica no Real Conservatorio de Danza da súa cidade, onde obtén con excelentes cualificacións o Título Superior de Danza Clásica. De seguido, ingresa na Escola do Ballet Nacional de España. Ademais, é graduada en Pedagoxía pola Facultade de Educación da Universidade de Murcia, estudos nos que foi recoñecida co Premio Extraordinario Fin de Carreira.

Desenvolveu a súa traxectoria profesional como bailarina no Ballet de Zaragoza e na Compañía Nacional de Danza, en calidade de solista e baixo a dirección de Ray Barra e Maya Plisetskaya. Nestas compañías puido traballar un variado repertorio con coreografías de M. Petipa, Balanchine, Cranko, G. Tetley, M. Galindo, U. Scholz, Forsythe, H. Spoerli ou Nacho Duato, entre outras. Ademais, en 1990 recibiu o premio á mellor bailarina pola Fundación Iberoamericana da Danza.

Interesada na pedagoxía e no ensino, iniciouse na docencia en diferentes escolas e, como profesora convidada, colaborou con distintos cursos e certames en Madrid, Almería, Granada etc. Desde 2002, é profesora titular de Danza Clásica no Conservatorio de Danza de Murcia, onde exerce como responsable dese departamento entre os anos 2013 e 2017. Así mesmo, é profesora asociada no grao en Danza da Universidade Católica de San Antonio de Murcia (UCAM), impartindo Fundamentos Técnicos da Danza Clásica e Análise e Práctica do Repertorio Neoclásico.

Carmen Paris é a autora do Diccionario biográfico da danza, editado polas Librerías Esteban Sanz.


2. Danza contemporánea, con RUTH MAROTO

Datas e horario
Do 11 ao 13 de xullo
Horario: de 16.00 a 19.00 h (días 11 e 12) e de 10.00 a 13.00 h (día 13)

Inscricións
Do 15 de maio ao 4 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
40 euros

RUTH MAROTO
Comezou os seus estudos no Obradoiro de Danza do Ballet Nacional de España e na Escola de Danza de Víctor Ullate. No ano 1986, obtén o título en Danza Clásica con matrícula de honra no Real Conservatorio de Arte Dramático e Danza de Madrid.

Entre os anos 1988 e 1993, inicia a súa carreira profesional como primeira bailarina principal no Ballet Víctor Ullate, onde interpreta tanto repertorio clásico como contemporáneo (George Balanchine, M. Fokine, Hans Van Manen, Nils Christie, Rudi Van Dantzing, Jan Linkens, Micha Van Hoecke etc.)

De 1994 a 2003 é bailarina principal convidada da Compañía Nacional de Danza, dirixida por Nacho Duato, coa que interpreta traballos de coreógrafos de prestixio internacional (Nacho Duato, Jiri Kylian, William Forsythe, Mats Ek, Ohad Naharin, Hans Van Manen, Jacopo Godani). Entre 2003 e 2013 traballa como asistente de dirección artística e mestra de baile no Ballet Víctor Ullate Comunidad de Madrid.

Como bailarina-performance, participa no proxecto Stoccos no Mercat de las Flors de Barcelona. No curso 2012-2013, durante a 5ª residencia artística dos Teatros del Canal de Madrid, Ruth Maroto realiza o seu primeiro traballo coreográfico: 3on movement, no que se poñen de manifesto as súas calidades artísticas, de sensibilidade musical e coreográfica.

Desde 2004, desenvolve a súa traxectoria como mestra convidada, impartindo cursos de danza clásica e obradoiros coreográficos na Asociación de Profesionais da Danza de Gipuzkoa, Centro Andaluz de Danza de Sevilla, Ballets de la Generalitat de Valencia, La Kabilia Studios (Mérida), Palacio de Festivales (Santander), Basel Theater (Basilea), Cie Toula Limnaios (Berlín), Marameo (Berlín) e Tanzstudio Carmen (Berlín), entre outros centros.

Paralelamente, segue co seu labor coreográfico, con pezas como Penta ou Suite los Caprichos de Goya, cuxa estrea mundial tivo lugar no Theater Aufbau Kreuberg de Berlín no ano 2014 e en España, ao ano seguinte na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid.

Desde 2014 é membro do Consello Internacional da Danza (CID) da Unesco pola súa traxectoria profesional e artística.


3. Musical jazz, con DAVID MUR

Datas e horario
Do 15 ao 19 de xullo
Horario: de 10.00 a 14.00 h

Inscricións
Do 15 de maio ao 8 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros

DAVID MUR
Comeza os seus estudos na escola Coppelia Danza de Zaragoza e obtén o Grao Superior de Danza Clásica no Real Conservatorio de Danza María de Ávila de Madrid. Tamén estuda con Carmen Roche e, no ámbito da interpretación, con Juan Pastor na Escola Guindalera, ademais de asistir a cursos de teatro con Raquel Toledo e de canto con M. Luísa Castellanos, Juan Manuel Cifuentes e José María Sepúlveda (coach do programa La Voz de Tele5.

A súa formación esténdese ao claqué con Juan Carlos Martín e á danza jazz, que cursou en Londres. Paralelamente, titúlase en Pilates pola Federación Española de Actividades Dirixidas e Fitness (FEDA), ademais de especializarse en Fundamentos Biolóxicos da Motricidade Humana.

Como bailarín, actúa tanto en clásicos (Don QuijoteCascanueces etc.) como en musicais (West Side StoryChicagoPeter PanLa bella y la bestiaCats ou Fosse).

Coreografía, dirixe e interpreta o musical Limas Morgan, traballa no Jesucristo superstar que coreografiou Ángel Rodríguez e exerce como mestre dos intérpretes que levan a escena o personaxe de Billy na versión española do musical Billy Elliot, ademais das súas facetas de presentador, coreógrafo ou bailarín en diferentes programas de Tele 5 e TVE como galas, especiais de Noitevella e La hora de José Mota.


4. Tap dance, con JOHN O’BRIEN

Datas e horario
Do 22 ao 26 de xullo
Horario: de 10.00 a 13.00 h

Inscricións
Do 15 de maio ao 15 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros

JOHN O’BRIEN
Mestre diplomado en Tap Dance pola Imperial Society of Teachers of Dancing do Reino Unido. Comezou a súa carreira no ensino no ano 1983 en Madrid, onde formou tanto a bailaríns como a mestres no tap e a danza moderna.

Promotor do método de danza da escola inglesa na que se formou, participou en varios festivais de tap, impartindo clases maxistrais, sesión de improvisación e eventos coreográficos. A súa especialidade é a música swing, que dá pé ao estilo que el denomina swing tap. A súa forma de bailar interpretando os complexos xogos rítmicos do tap lembra ao estilo dos espectáculos internacionais de danza e das películas musicais clásicas americanas dos anos corenta e cincuenta do século pasado.

Ademais, devolveu este estilo ao prime time da televisión española no ano 2005, cando bailou na cerimonia de entrega dos premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

Foi coreógrafo da compañía Tap Show Project durante catro anos e recentemente creou unha peza baseada no ritmo e movemento libre para Play, a nova produción de Aracaladanza, estreada en decembro do 2018 nos Teatros del Canal de Madrid.

Na actualidade é cantante protagonista de dous espectáculos propios, ambos os dous concertos de música e jazz, onde canta e baila tap, acompañado pola súa orquestra e un sexteto.


5. Danza clásica e puntas (nivel medio e avanzado), con GONZALO ZARAGOZA e VIRGINIA VALERO

Datas e horario
Do 29 de xullo ao 2 de agosto
Horario: de 10.00 a 11.30 h nivel avanzado, de 11.30 a 12.30 h puntas avanzado, de 12.30 a 14.00 h nivel medio e de 14.00 a 15.00 h puntas medio

Inscricións
Do 15 de maio ao 22 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros por nivel (danza clásica + puntas)

GONZALO ZARAGOZA
Comeza os seus estudos de danza con Luis Fuentes e África Morris, sendo as mestras Carmen Roche, Lola de Ávila e Ana Baselga as que se ocupan da súa formación ata que inicia a súa traxectoria profesional.

Como bailarín, nos Ballets de Montecarlo e no London City Ballet, interpreta A fille mal gardéeCoppeliaGaite Parissiene ou Theme and Variations, entre outros. Gaña a medalla de prata no Prix Carpeaux’90 en Francia.

A súa carreira como docente lévao a traballar na escola de Carmen Roche durante nove anos e no ano 2002 ingresa no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas da Comunidade de Madrid, sendo profesor no Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma.

Dende o curso 2006-07 é o xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid María de Ávila, onde imparte Técnica Clásica e Metodoloxía Didáctica da Danza Clásica.

VIRGINIA VALERO
Realiza os seus estudos de danza na Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Madrid coa profesora Ana Lázaro, ampliando a súa formación coa mestra Carmen Roche. Compaxina o traballo profesional na danza cos seus estudos universitarios de Historia da Arte na Universidade Autónoma de Madrid.

Como intérprete, foi bailarina solista do Ballet Concerto, dirixido por Ana Lázaro (1972-1978) e bailarina solista do Ballet Anatol Yanowsky (1978-1983). Como docente, en 1980 ingresa como de profesora de Danza Clásica na Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Madrid e en 1983 obtén a Cátedra de Ballet Clásico da Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Madrid, é Directora do Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid de 1991 a 2006.

Na actualidade, é profesora de Danza Clásica na materia de Metodoloxía e didáctica da Danza Clásica no Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid, onde tamén exerceu como directora. É membro do Consello Nacional das Artes Escénicas do Ministerio de Cultura, da Comisión Executiva do Consello Nacional das Artes Escénicas e do Consello Nacional da Danza dende a súa creación. Foi convidada como xurado en diferentes concursos nacionais e internacionais de Danza (A Habana 1995; Vignale, Italia, 1996; Riba Roja, Valencia 1997 e 2004; Zaragoza 1997 e 1998). Preside dende o seu inicio o Concurso de Danza Clásica da Cidade de Torrelavega, Santander (1995- 2006).


6. Danza contemporánea (nivel medio e avanzado), con ÁNGELA RODRÍGUEZ

Datas e horario
Do 29 de xullo ao 2 de agosto
Horario: de 10.30 a 12.30 h nivel medio e de 12.30 a 14.30 h nivel avanzado

Inscricións
Do 15 de maio ao 22 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros por nivel

ÁNGELA RODRÍGUEZ
Formada en varias escolas madrileñas, é membro da Cía. de Danza Carmen Senra entre 1986 e 1991.

En 1990 gaña o premio á mellor bailarina no Concurso Coreográfico de Madrid, grazas ao que cursa estudos no Nikolais / Louis Dance Lab. de Nova York. Ademais, o Ministerio de Cultura outórgalle dúas becas para finalizar os seus estudos no Alvin Ailey American Dance Center, tamén en Nova York.

Coreógrafa de Penélope Cruz na película Entre rojas e da obra Kirye, el nuevo europeo, entre 1988 e 2006 exerceu como mestra no estudio Carmen Senra e, na actualidade, é profesora no Conservatorio Superior de Danza María de Ávila, en Madrid, ademais de impartir cursiños en diferentes conservatorios y estudios de danza.

-Solicitude de matrícula (word)
-Solicitude de matrícula (pdf)