-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 29 de maio de 2019

Prazo de presentación: Do 30 de maio ao 31 de xullo de 2019, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica das solicitudes será obrigatoria para as persoas xurídicas, e para as persoas representantes delas, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o devandito formulario normalizado.

Convocatoria: DOG núm. 101, do mércores 29 de maio de 2019