-Anuncio de licitación para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza

[06/06/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo fai público o anuncio de licitación para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades. Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Produción Coreográfica (Centro Coreográfioc Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.

-Anuncio de licitación (pdf)
-Prazo de solicitude: do 7 ao 27 de xuño de 2019
-Formulario de solicitude en word
-Formulario de solicitude en pdf (non editable)