-Galicia ProFilme: sesións informativas a cargo de Peter Andermatt, responsable da Oficina MEDIA España


Política audiovisual comunitaria
Martes 9 de xullo ás 17.00 horas

Dirixida ao talento e ás empresas produtoras, durante a sesión analizarase o presente e o futuro da política audiovisual comunitaria. A continuación definiranse claves e recomendacións de cara á presentación de proxectos ás axudas europeas ao Desenvolvemento e á Distribución Televisiva. Tamén se dará conta das últimas noticias relacionadas coa formación contínua, especialmente no ámbito do desenvolvemento e a coprodución europea. 
 

Festivais de cine: apoios públicos e outras accións
Mércores 10 de xullo ás 12.00 horas
 
Esta sesión está dirixida a xestores e programadores de festivais de cine e durante a mesma analizaranse as conclusións dun informe da Comisión sobre os modelos de colaboración entre certames europeos. Tamén se presentará o taller Developing your Film Festival, iniciativa británica apoiada por MEDIA, e achegaranse consellos prácticos sobre como solicitar axudas ao programa MEDIA e a outras institucións públicas. 


Existe a posibilidade de concertar cita previa para consultas individuais ao remate de ambas charlas enviando unha mensaxe a:
audiovisual.agadic@xunta.gal


LUGAR: ​Cidade da Cultura de Galicia (Sala Eisenman). Santiago de Compostela.