-Centro Coreográfico Galego: O ensino e a análise do repertorio coreográfico do século XX, por Ana Abad Carlés (6 e 7 de decembro)

DATAS E HORARIOS:
6 e 7 de decembro de 2019

Venres 6, de 10.00 a 14.00 h e de 15.30a 19.00 h.
Sábado 7, de 10.00 a 14.30 h

LUGAR:
Centro Coreográfico Galego
Complexo Deportivo de Elviña
Praza Agustín Díaz Sánchez, 1
A Coruña

MATRÍCULA: 40 €

INSCRICIÓNS: Do 5 de agosto ao 6 de novembro, enviando o formulario anexo por mail a formacion.ccg@xunta.gal

DIRIXIDO A:
Bailaríns, profesorado e estudantes de danza

OBXECTIVOS:
A transmisión do repertorio é unha das prácticas docentes máis importantes dentro do ensino da danza. Con esta transmisión prodúcese non só a aprendizaxe de certos pasos e a súa lóxica interna, senón nocións básicas de estilo, musicalidade, espacialidade, dinámicas, caracterización e proxección escénica.

Dentro dos plans de estudos de todos os conservatorios profesionais e superiores de danza, o ensino do repertorio é materia fundamental na formación do alumnado. Polo tanto, os obxectivos deste curso son:

-Desenvolver aspectos pedagóxicos da práctica docente na transmisión do repertorio coreográfico.
-Ofrecer unha vista panorámica da realidade performativa actual dentro do marco internacional.
-Concienciar sobre a interrelación entre a teoría e práctica da danza.
-Presentar os elementos básicos que caracterizan o acto coreográfico e a súa interpretación por diferentes escolas de danza.
-Facilitar a transmisión do repertorio entre docente e alumnado.

CONTIDOS E ESTRUTURA:
O curso dividirase en diferentes módulos dedicados a aspectos que permitan analizar a complexidade do repertorio creado ao longo do século XX e as posibilidades máis adecuadas para a súa transmisión.

1. A problemática do repertorio do século XX
Nesta primeira parte do curso trataranse os diversos problemas que expón a conservación do repertorio coreográfico creado durante o éxulo pasado. A aparición de novas escolas e estilos coreográficos, xéneros coreográficos e as concepcións ao redor da obra e a creación coreográfica van marcar boa parte do século, e sufrirán unha creba nas últimas décadas do mesmo. Nesta sesión, ofreceranse as ferramentas necesarias para comprender a complexidade que as ideas de creación e conservación, criterios de autenticidade, concepto de obra e estilo trouxeron ao mundo da danza.

2. O xuízo estético vs. o xuízo artístico
Nesta sesión analizaremos obras características de figuras destacadas do século XX e veremos que ocorre cando aplicamos xuízos estéticos e non artísticos na súa avaliación. Verase a importancia da "comprensión" das devanditas obras e os seus contextos específicos e os problemas que xorden cando unha obra se malinterpreta artisticamente tanto por parte das audiencias e críticos como dos propios intérpretes.

3. A aplicación pedagóxica da análise do repertorio nas clases de ballet. Podemos incorporar o ensino de repertorio no traballo de clase? E, se o facemos, que obras incorporamos e con que obxectivos?
Nesta sesión ofreceranse exemplos prácticos e pedagóxicos sobre a importancia de incorporar a análise do repertorio nas aulas.

METODOLOXÍA:
O curso impartirase cunha metodoloxía mixta que comprende principalmente a contextualización histórico cultural, a análise do movemento, a musicología e a estética.

ANA ABAD CARLÉS:
Doutora en Música pola Universidade Politécnica de Valencia (2013), Máster en Estudos de Ballet na Universidade de Roehampton de Londres (2004) e Grao en Historia da Arte pola Universidade de Zaragoza (1999).

Autora de Historia do Ballet e da Danza Moderna (Alianza Editorial, 2004/2010), co-autora de Escribir las danzas - Coreografías de las Ciencias Sociales(Gorla, 2015), así como de numerosos artigos e críticas de danza.

Coreógrafa e docente de coreografía no Grao de Danza Profesional e Teatro Musical de The Urdang Academy, en Londres (2009/11). Profesora convidada nos conservatorios profesionais de danza de Murcia (2008/2014), Madrid (2012), Lugo (2010/2018/2019), Zaragoza (2002/2003/2016); Conservatorios Superiores de Danza de Valencia (2014) e Madrid (2012), Institut do Teatre de Barcelona para un curso de formación do seu profesorado (2016/2017), Universidade de Zaragoza, Universidade Complutense (2018), Universidade de Sevilla (2015), Universidade de Murcia (2012/2017), IDAES (Instituto de Altos Estudos Sociais), Buenos Aires (2011), Centro Coreográfico Galego (2010/2015/2017), The Centre for Performing Arts de Londres (2011) e Escuela Nacional de Danzas Mastrazzi de Bos Aires (2008/2009).

Coordinadora e conferenciante do ciclo Falemos de danza, INJUVE, Madrid (2016). Conferenciante e coordinadora dos seminarios Os Ballets Rusos de Diághilev, organizados por Caixa Forum en Barcelona e Madrid (2011/2012). Coordinadora do ciclo Historias de xénero: a muller na danza, CCEBA, Bos Aires (2012). Directora de proxectos no Council for Dance Education and Training de Londres (2004/2007). Membro da mesa de dirección de Creative Capital (2004/2009), Advisory Group de London Youth Dance (2005/2008) de Londres.

Actualmente, é profesora externa da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid no seu Máster de Xestión e Liderado de Poxectos Culturais, así como do Grao en Danza da UCAM, onde imparte as materias de Historia da Danza, Principios Estéticos e Filosóficos Aplicados á Danza, Análise do Repertorio da Danza Clásica, Proxecto Artístico e Composición Coreográfica II.

Solicitude de matrícula (word)
Solicitude de matrícula (pdf)