-BIME PRO. Selección de dúas bandas/artistas emerxentes de Galicia para os showcases BIME City: ata o 18 de agosto

[02/08/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, colabora este ano con BIME PRO para amosar o talento emerxente da música galega diante dos profesionais da industria musical que se darán cita en Bilbao do 30 de outubro ao 1 de novembro para participar neste encontro.

A organización abre ata o 18 de agosto o prazo de inscrición para selección dúas bandas ou artistas emerxentes de Galicia para amosar os seus traballos diante de programadores de festivais, managers, xornalistas e outros axentes do sector como parte do cartel de showcases do BIME CITY, que terán lugar os días 30 e 31 de outubro en sete salas de concertos bilbaínas.

-Máis información e acceso ao enlace de inscrición