-Provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral da Agadic - Centro Dramático Galego (CDG): acordo de contratación da persoa seleccionada

[07/01/2020] O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o acordo do 18 de decembro de 2019 do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, para a contratación da persoa seleccionada para a cobertura do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, Centro Dramático Galego (CDG).

-Acordo publicado no DOG 

----------------
[16/12/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica ao acordo da comisión de valoración encargada da selección do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego (CDG) pola que se lles dá publicidade ás puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes na fase de entrevista e se eleva ao director da Agadic unha proposta incluíndo tres candidatiras por orde de puntuación. 

-Acordo de puntuacións definitivas

----------------

[10/12/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica as puntuacións obtidas polas persoas aspirante na fase de entrevista do proceso selectivo para a provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego (CDG). 

-Puntuacións da fase de entrevistas

----------------
[03/12/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica a convocatoria á fase de entrevista das persoas que obtiveron as tres mellores puntuación nas fases 1 e 2 do proceso selectivo para a provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego (CDG). 

-Convocatoria entrevistas

----------------

[02/12/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica as puntuacións definitivas acadadas nas fases primeira e segunda do proceso selectivo para a provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego (CDG). 

-Puntuacións definitivas (1ª e 2ª fase)

----------------


[20/11/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica as puntuacións acadadas nas fases primeira e segunda do proceso selectivo para a provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego (CDG). Concédese un prazo de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación, para formular alegacións.

-Puntuacións (1ª e 2ª fase)

----------------

[18/10/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturias (Agadic) publica o nomeamento da comisión que actuará como órgano de selección para a provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego (CDG).

-Nomeamento da comisión de selección


----------------


[16/10/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturias (Agadic) fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a cobertura do posto de coordinación do seu Departamento de Produción Teatral-Centro Dramático Galego (CDG).

-Resolución do 16 de outubro de 2019


----------------


[07/10/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturias (Agadic) fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a cobertura do posto de coordinación do seu Departamento de Produción Teatral-Centro Dramático Galego (CDG).

-Resolución do 7 de outubro de 2019



----------------


[30/08/2019] O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do 20 de agosto de 2019 pola que se convoca a provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que inclúe a dirección artística do Centro Dramático Galego (CDG).

-Bases publicadas no DOG
-Prazo de solicitude: do 31 de agosto ao 27 de setembro de 2019