-Rede Galega de Teatros e Auditorios: inscrición de espectáculos e concertos para o 1º semestre de 2020

[19/09/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo abre do 20 de setembro e ata o 17 de outubro de 2019 o novo prazo de inscrición de espectáculos e/ou concertos para o circuíto:

-Rede Galega de Teatros e Auditorios (1º semestre de 2020)
  

O trámite realízase a través do web galescena.gal, seguindo os pasos que se detallan a continuación:

-Instrucións para os grupos e compañías que NON estean dados de alta en galescena.gal
1º Solicitar a alta como compañía teatral ou grupo musical.
2º Encher  todos os datos relativos á compañía ou grupo e premer no botón  enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación da compañía/grupo.
4º Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos espectáculos/concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas ás redes nas que a compañía ou grupo estea interesado en participa  (a normativa de funcionamento de cada unha das redes está dispoñible para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.gal).

-Instrucións para grupos e compañías dados de alta en galescena.gal:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada,, acceder á pestana de espectáculos/concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos espectáculos/concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas de espectáculos/concertos.
4º Unha vez modificado ou creado o espectáculo/concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas ao circuíto no que se queira participar (paso imprescindible para figurar entre os espectáculos/concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, os espectáculos/concertos pasan a ser ofertados ao circuíto.

A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso.

Dentro desta páxina, existe un documento de preguntas frecuentes con  información máis detallada de todos os pasos a seguir para inscribir ou modificar espectáculos.

IMPORTANTE:
Na pestana de datos da compañía, hai un novo campo referente á protección de datos (RGPD) que é imprescindible actualizar para que os espectáculos/concertos poidan pasar a ser ofertados.

En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.2@xunta.gal
Tel: 881 996 087 / 088

Horario de atención ao público: de luns a venres laborables, de 9.00 a 14.00 horas.