-V Encontro Profesional de Coproduciˇn Portugal-Galicia: convocatoria

[09/10/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e o Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) promoven o V Encontro Profesional de Coprodución Portugal-Galicia, que se celebrará durante os días 14 e 15 de novembro no Balneario de Arnoia (Ourense).

Esta iniciativa diríxese a aquelas empresas produtoras con interese en establecer contacto directo con posibles socios estratéxicos na coprodución de proxectos audiovisuais para cine e televisión (ficción, animación, documental), co obxectivo de aumentar as oportunidades de financiamento, favorecer o intercambio de profesionais técnicos e artísticos e abrir novas canles de distribución e difusión.

Como nas anteriores edicións, as produtoras que acudan con proxectos en desenvolvemento terán a oportunidade de participar en reunións bilaterais previamente concertadas. Ademais. este ano o foro acollerá a celebración de tres sesións de formación impartidas por profesionais dos prestixiosos obradoiros EAVE, EURODOC e APOSTLAB, orientadas a aspectos relacionados coa coprodución internacional.

Para concretar as condicións económicas de participación precisamos coñecer o interese inicial por parte das empresas galegas antes do venres 18 de outubro, a través dp mail audiovisual.agadic@xunta.gal.

A Agadic ten previsto contribuír no financiamento dunha parte dos gastos de estancia. Realizada esta comunicación, remitiráselles aos interesados o formulario de rexistro na actividade e inscrición de proxectos.

-Convocatoria e programa provisional