-Quinta ediciˇn do encontro Conecta +: recepciˇn de proxectos ata o 21 de novembro

[05/11/2019] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo colabora con CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización na quinta edición de CONECTA +, o encontro entre creadores e produtores que terá lugar o 14 de decembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento conta tamén coa implicación da AGAG, AGAPI, Fundación SGAE e a Deputación da Coruña.

Como en anos anteriores, os proxectos seleccionados  serán presentados en reunións un-a-undiante dosmáis destacados produtores de Galicia, así como dunha selección de produtores punteiros de fóra de Galicia. A inscrición pode formalizarse a través desta ligazón ata o día 21 de novembro, ás 14,00 h, e será un xurado composto por membros de CREA,AGAG e AGAPI o encargado de escoller os proxectos participantes.

Conecta + incluirá tamén un Panel de Pitching  cos guións subvencionados na última convocatoria das subvencións da Agadic ao talento audiovisual galego, así como unha Master Class de Pitching a cargo de Peter Andermatt, director da Oficina Media Desk España, que terá lugarun par de días antes do encontro.

Como novidade nesta quinta edición, un xurado composto polo comité avaliador e máis os produtores presentes no evento concederá dous premios económicos: ao mellor proxecto, dotado con 1000 euros, e ao proxecto máis innovador, con 500 euros.

Os proxectos inscritos deben ir acompañados da seguinte documentación:

-Curtametraxe: Guión completo dialogado e sinopse dunha páxina.
-Longametraxe: Tratamento (mínimo dez páxinas). Sinopse dunha páxina e memoria/dossier.
-Serie de TV: Biblia ou dossier e tratamento ou escaleta do primeiro episodio.  
-Documental: Sinopse explicativa e memoria (mínimo 10 páxinas).