-Admisión de salas de titularidade privada á programación musical da Agadic: convocatoria

[08/11/2019] O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Resolución do 30 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de admisión de salas de música de titularidade privada á programación musical da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Unha vez admitidas, as salas poderán acceder ás programacións da Axencia Galega das Industrias Culturais (código de procedemento CT405A) e permitiráselles o uso da marca Rede Galega de Música ao Vivo, rexistrada pola Xunta de Galicia, a través da Agadic, co número de rexistro 2.760.177 e vixencia ata o 12 de marzo de 2027.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 9 de decembro de 2019.

-Resolución publicada no DOG