-Encontro de coproduciˇn Chile-Espa˝a-Arxentina en Ventana Sur 2019: convocatoria para proxectos en desenvolvemento

Durante a próxima edición de Ventana Sur (Bos Aires, do 2 ao 6 de decembro de 2019), celebrarase un encontro de coprodución entre España, Chile e Arxentina organizado por CinemaChile, o Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales (ICAA) do Goberno de España e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina (INCAA), coa colaboración da Agadic (a través das subvencións de 2020 para asistencia a mercados e foros internacioanis de contidos audiovisuais), Catalan Films e Basque Audiovisual.

Para participar no encontro, que terá lugar o martes 3 de decembro de 12,00 a 14.00 h., é necesario:

-Ter un proxecto de largometraxe de ficción ou documental, en fase de desenvolvemento ou preprodución para que o obxectivosexa a coprodución co países da contorna iberoamericana e, máis concretamente, con Chile e/ou Arxentina.
-O proxecto presentado deberá contar cun mínimo do 10 por cento do orzamento confirmado.
-Só se poderá presentar á convocatoria un único proxecto por compañía produtora.
-É indispensable garantir a presenza dun representante por proxecto seleccionado durante toda a extensión de Ventana Sur (do 2 ao 6 de decembro).

O prazo de rpesentación proxectos remta o 13 de novembro de 2019.

Toda a información, así como o formulario de inscrición, está na páxina web do ICAA.