-AuGAL Master Class Audiovisual Galego 2019-2020: inscriciˇns e programa



A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Universidade de Vigo organizan a novena edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego correspondente ao cuso 2019-2020. Esta convocatoria desenvolverase na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra do 12 de novembro ao 12 de decembro co seu programa habitual dedicado a producións galegas explicadas polos seus protagonistas e complementado con varios obradoiros prácticos.

  • DATAS: 12,13, 14, 21, 27 e 18 de novembro, e 4 e 12 de decembro. A sesión de clausura, prevista inicialmente para o 18 de decembro, queda posposta ata o mes febreiro (data concreta por determinar). 
  • HORARIO: de 16.00 h a 19.30 h
  • LUGAR: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Campus A Xunqueira (Pontevedra)
  • DURACIÓN: 30 horas (entregaranse diplomas de asistencia por parte da Agadic)
  • DIRIXIDO A: Estudantes, profesionais do sector e demais interesados e interesadas
  • MATRÍCULA: Gratuíta, remitindo o formulario de inscrición a axendacsc@gmail.com (Ref.: AUGAL) a partir do 11 de novembro. Prazas limitadas á capacidade da sala).


-Programa 2019-2020