-Subvenciˇns a festivais do sector audiovisual: convocatoria


Estado: Convocadas

Data de publicación: 17 de decembro de 2019

Prazo de presentación: Do 18 de decembro de 2019 ao 17 de xaneiro de 2020

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica das solicitudes será obrigatoria para as persoas xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens (ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia), así como as unións temporais temporais de empresas, traballadores autónomos e estudantes universitarios e para as persoas reprersentantes deles, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica prersenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica, considerándose como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e a clave Chave365. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica tamén poden presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando os formularios normalizados: (Solicitude: Anexo I / Ficha do proxecto: Anexo II / Memoria económica-financeira: Anexo III).

Convocatoria: DOG núm. 239, do 17 de decembro de 2019