-Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego: modificación de ampliación

[29/06/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publica no DOG núm. 127 do 29 de xuño de 2020 a resolución pola que se modifica a convocatoria de concesión de subvencións de creación audioviusal para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego para o ano 2020, no marco do plan da Xunta de Galicia para a reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19. Como parte destas medidas, amplíase de 15 a 19 o número de traballos apoiados a través destas axudas, que incrementan a súa dotación de 156.000 a 178.000 euros.

_____

Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 20 de decembro de 2019
 
Prazo de presentación: Do 21 de decembro 2019 ao 20 de xaneiro de 2020
 
Presentación das solicitudes: A presentación electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, é obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, autónomos e estudantes universitarios e as persoas representantes dunha das anteriores. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica tamén poden presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o devandito formulario.

Modelo de orzamento: Longametraxes (xlsx, 23.7 Kb) 
 
-Convocatoria: DOG núm. 242 do 20 de decembro de 2019
-Modificación de ampliación: DOG núm. 127 do 29 de xuño de 2020