-Resolución conxunta da Agadic e de Turismo de Galicia para adhesión á temporada 2020 da marca FEST Galicia e a realización de contratos de patrocinio: convocatoria

[08/01/2020] O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a RESOLUCIÓN de 18 de decembro de 2019, conxunta da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia para a temportada 2020 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño ao 30 de setembro de 2020, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021.

Orzamento total máximo: 460.000 euros.

Prazo de presentación: 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no DOG.

Forma de presentación: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónico a través do fomulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Código de procedemento: CT302A

-Convocatoria en pdf