-Rede Galega de Música ao Vivo 2020: prazos de programación

[10/02/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo establece os seguintes prazos para que as salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo realicen a súa programación para 2020:

1. Desde hoxe ao 19 de febreiro de 2020: prazo de preprogramación.
2. Do 21 ao 26 de febreiro de 2020: prazo de programación definitiva (para aquelas salas que teñan que modificar algún dos grupos ou que non acaden a contratación mínima).
 
O período de contratación abrangue do 8 de marzo ao 31 de decembro.

Para a xestión da programación deste circuíto, a Agadic asinará un convenico de subvención con cada unha das salas asociadas, segundo as normas que poden consultarse en galescena.gal.