-Cultura no Camiño 2020: inscrición de espectáculos/concertos

[18/02/2020] A Consellería de Cultura  e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Axencia Turismo de Galicia, pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño, destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago e que se desenvolverá entre o maio e setembro de 2020.

Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos deste programa, a Agadic abre un prazo do 19 de febreiro ao 2 de marzo para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir os seus espectáculos/concertos a través da páxina web:  www. galescena.gal.

Poderán inscribirse en este programa espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.

A convocatoria para os concellos intersados en adherirse a Cultura no Camiño 2020 será publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia.