-Cultura no Camiño 2020: subvencións para as programacións das entidades locais das rutas xacobeas dentro deste circuíto

Estado: Convocadas

Data de publicación: 28 de febreiro de 2020

Prazo de presentación: Do 29 de febreiro ao 30 de marzo de 2020 *

*Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise anitaria ocasionada polo COVID-19, e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, interrómpese o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo do prazo reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento: CT301A).

Convocatoria: DOG núm. 40, do 28 de febreiro de 2020