-Taller sobre axencias de vendas internacionais (Oficina MEDIA España e Latido Films): vídeo da sesión

[27/04/2020] Xa está dispoñible NESTE ENLACE a gravación en vídeo do taller en liña gratuíto 'Agencias de ventas internacionales', que tivo lugar o xoves 23 de abril baixo a organización da Oficina MEDIA España e Latido Films, unha das axencias españolas máis recoñecidas, e coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, como patroa da Fundación Cultural Oficina MEDIA España:



Data: 23 de abril de 2020.

Horario: 12.00 a 14.00 h.

Lugar: En liña, a través de BlueJeans (sen rexistro).

Imparten: Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España, y Fabrizia Palazzo, executiva de vendas internacionais en Latido Films.

Dirixido a: profesionais da produción audiovisual.

Contido e máis información na web da Oficina MEDIA España.