-Plan de reactivaciˇn dos sectores cultural e turÝstico fronte aos efectos derivados da COVID-19

[05/05/2020] A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia fai público o seu Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, no que se recolle un investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas específicas para fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo.

Cultura e Turismo elaborou este plan reestruturando o seu orzamento e recompuxo as partidas para ir mellorando as expectativas neste ámbitos, establecéndose nove bloques de execución que supoñen, á súa vez, un investimento de 11 millóns na actividade turística; e de 10,6 millóns no sector cultural, reforzados, así mesmo, con 5,1 millóns de euros a través de medidas transversais enmarcadas no Xacobeo 2021.

-Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19