-Guía de boas prácticas de medidas especiais para as producións do sector audiovisual durante a crise da COVID-19

[15/05/2020] O Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura e Deporte difunde a Guía de buenas prácticas de medidas especiales para la prevención de riesgos laborales del sector audiovisual COVID-19, redactada xunto ás principais asociacións produtoras e profesionais do audiovisual a nivel estatal. Trátase dun documento non vinculante, co que se pretende dar resposta ás demandas do sector no sentido de contar cun texto consensuado e único, tras a normativa do Ministerio de Sanidade para a desescalada no ámbito das rodaxes de cinema e televisión.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación participou nas reunións de traballo previas, durante as que -entre outros temas- se valorou e decidiu a elaboración do devandito protocol. A guía consiste nunha serie de medidas de prevención e protección, así como recomendacións para poder traballar de xeito seguro nas producións audiovisuais, sempre cumprinco coa normativa de seguridade e saúde laboral vixente e coa regulación sanitaria establecida para o proceso de desescalada. Desde a Agadic, recolleranse os matices e especificidades que poidan chegar por parte do sector audiovisual galego para traladarllos aos autores do documento, que irá incorporando información segundo evolucionen as circunstancias e o seu impacto nas producións de cine e televisión.

-Guía de buenas prácticas de medidas especiales para la prevención de riesgos laborales del sector audiovisual COVID-19