-Convocatoria para a edición summer/fall do catálogo New Spanish Films: ata o 28 de maio

[18/05/2020] O Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) lanza esta convocatoria para recabar información sobre longametraxes completadas recentemente ou que se atopen en fase de postprodución, co fin de producir a edición Summer/Fall do catálogo NEW SPANISH FILMS e elaborar materiais para a promoción internacional do cinema español durante o segundo semestre do ano. O primeiro mercado no que se difundirán os devanditos materiais será o Marché du Film 2020 - Virtual Edition de Cannes, cita que se desenvolverá do 22 ao 26 de xuño.

Destinatarios:
Películas con premiere mundial ou internacional dispoñible, para a súa promoción no segundo semestre de 2020 (incluíndo Marché du Film - Virtual Edition).

Data límite:
28 de maio de 2020

-Máis información